Fútbol Sala

Ribeira reinou no derbi capitalino ante Lugo Sala na cadete Preferente feminina

11TeamSports e o Lugo Sala Dental Arias na terceira xornada da Copa Cadete Feminina Grupo Norte 2. Ambos os equipos chegaban ao encontro sen puntos, logo de perder os seus respectivos partidos contra o Narón O Freixo, cun resultado idéntico de 6-1 e 1-6. Así que, máis que nunca, a vitoria era esencial para as dúas escuadras.

Alineacións:

– Ribeira F.S.: Sainza, Antia, Paula, Maria, Irene. 

  Banquillo: Chloe, Jimena, Nerea, Helena, Laura. 

– Lugo Sala Dental Arias: Antia, Goya, Candela, Xela, Nadia. 

  Banquillo: Alba, Sheila.

Resultado final: Ribeira F.S. 7-4 Lugo Sala Dental Arias

Resultado ao descanso: Ribeira F.S. 4-1 Lugo Sala Dental Arias

Desde o pitido inicial, o Ribeira F.S. saíu cunha intensidade máxima, facendo valer a súa vantaxe de xogar como local. En apenas dez minutos, o conxunto de Antia Corral tomou as rendas do encontro cun 3-0 contundente. As xogadoras do Lugo Sala, algo tímidas ao principio, non lograron encontrar o seu ritmo, o que provocou que a diferenza fose ampla na recta inicial do partido. Non obstante, as visitantes fixeron un intento de reacción nos últimos minutos, apostando pola táctica de porteira xogadora. Esta mudanza de estratexia permitiu ao Lugo Sala marcar o seu primeiro gol, grazas a un tanto de Goya, e a diferenza quedou en 4-1 ao descanso, despois de que Nerea anotase o cuarto para as locais.

Tralo descanso, o Lugo Sala apareceu con outra mentalidade, con máis intensidade e creando maior perigo na portaría rival. Pero o lastre do mal inicio de partido seguía a pesar moito no resultado. O Ribeira F.S., sen relaxarse e mantendo unha boa intensidade, foi ampliando a súa vantaxe coas actuacións destacadas de Antia e Nerea, quen foron claves no marcador. Ao longo da segunda parte, o xogo estivo máis equilibrado. Candela logrou reducir a diferenza para as visitantes co 5-2, pero de pouco serviu, pois o Ribeira F.S. seguíu a dominar a pesar dos esforzos de Goya e Nadia no Lugo Sala, que lograron mellorar o xogo, pero non conseguiron recurtar a desvantaxe da primeira metade.

Goles: 1-0 Nerea,  2-0 Antia, 3-0 Antia,  3-1 Goya,  4-1 Nerea,  5-1 Antia,  5-2 Candela,  6-2 Antia,  7-2 Nerea,  7-3 Goya,  7-4 Goya. 

Mellores xogadoras do Lugo Sala:

3 puntos: Goya 

2 puntos: Nadia

1 punto: Candela

A clave do partido para Antia Corral, adestradora do Ribeira F.S., foi «o bo inicio de partido e manter a intensidade durante todo o encontro, o que nos permitiu manter a vantaxe e non deixar que o Lugo Sala se metese no partido». Por outra parte, Borja Corral, adestrador do Lugo Sala, destacou que «o inicio de partido tan desastroso que tivemos  condicionounos totalmente. Cando quixemos empezar a competir, xa era tarde, pero aínda así quédome co bo xogo da segunda parte, no que as miñas xogadoras o intentaron até o final».

Próxima xornada:

O Ribeira F.S. xogarase a opción para lograr outros tres puntos na súa próxima xornada, cando se enfronte como local ao Narón O Freixo en Lugo. O Lugo Sala, pola súa banda, terá xornada de descanso, para preparar o seu seguinte encontro.

Ir al contenido