No categorizadas

Emevé júnior feminino debutou no 2025 mantendo a súa xeira triunfal

7 vitorias nos sete encontros disputados polas raíñas do voleibol júnior feminino tras debutar no 2025 impoñéndose a Dompavolei con autoridade, 3-0, con 25-15/25-19/25-16 na Casa do Deporte

O Arenal Emevé júnior feminino tan só cedeu un set no que vai de tempada, con 21 a favor. Unha xeira que intentarán ampliar na próxima xornada no duelo de invictos na máxima categoría que medirá ás lucenses con Ciudad de A Coruña en Lugo

Ir al contenido