Fútbol Sala

Casás impúxose no derbi a Burela e segue cotizando ao alza na Preferente cadete

O equipo do CASÁS logrou unha vitoria moi importante na tarde deste sábado, ao vencer por 4-3 ao Pescados Rubén Burela F.S. nun partido disputado no Polideportivo do Palomar, en Lugo. Coa vitoria, o conxunto local adiantou ao Troula Betanzos na clasificación e sitúase a tan só dous puntos do Composala Milongas que ten un partido maís , o que lles dá esperanzas de saír da parte baixa da táboa.

O encontro, que comezou cunha boa dinámica de xogo por parte dos dous equipos, rematou cun empate a dous goles no descanso, pero foi na segunda metade cando o CASÁS demostrou a súa mellor versión, mellorando en todos os aspectos e ampliando a súa vantaxe no marcador.

Resultado ao descanso; 2-2

Resultado final; 4-3

Alineación do CASÁS: 

Rodri, Samuel, Bruno, Israel, Gente 

Banquiño: Cereijo, Lois, Jacobo, Álvaro

Goles do Partido: 

– Gente  

– Isra 

– Samu (2)

Primeiro Tempo: 

A primeira parte transcorreu cunha boa actuación por parte do Casás, que se mostrou sólido tanto na defensa como no ataque. A pesar de que o Burela logrou crear algúns momentos de perigo, o equipo local foi capaz de contrarrestar as súas acometidas, defendendo con solidez e aproveitando as ocasións que se lles presentaron. O partido comezou cún autogol do equipo local no minuto 3, non foi ata o 17, cando o Casás logrou o empate por medio de Samuel, que dous minutos depois, él mesmo puxo o 2-1. Pouco antes do descanso os mariñaos fixeron o 2-2, resultado que reflexaba a igualdade no xogo, pero tamén a sensación de que os locais tiñan moito que ofrecer.

Segundo Tempo: 

Na segunda parte, o equipo local foi capaz de mellorar o seu rendemento, tanto no aspecto ofensivo como no defensivo. Cunha defensa sólida e un ataque eficaz, foron capaces de abrir brecha no marcador con goles de Isra e Gente , a pesar do 4-3 o equipo da capital foi que de  controlar ao rival durante todo o encontro. A súa actitude positiva e o traballo colectivo foron fundamentais para levar os tres puntos, cun resultado final de 4-3 que lles dá aire na clasificación.

Clave do Partido: 

A actitude positiva de todos os xogadores, os nove que participaron no encontro, foi a chave para que o CASÁS lograse un triunfo tan importante. O traballo colectivo foi incuestionable e, sen dúbida, marcou a diferenza ao longo do encontro.

Os tres mellores: 

Todos os xogadores do CASÁS merecen mención polo seu compromiso e esforzo durante o partido. A súa actitude positiva foi a base do éxito desta victoria.

Declaración do adestrador, ÁNGEL: 

«Quero felicitar a este gran grupo de xogadores por este tipo de partidos onde demostran que saben impoñerse. O traballo colectivo e a mentalidade positiva foron fundamentais para esta vitoria. Agardo que este triunfo sirva de lección para os próximos encontros e que sigamos mellorando.»

Na próxima xornada, o CASÁS visitará ao 5 Coruña F.S., equipo que se atopa na última posición da clasificación, nun partido que pode consolidar aínda máis as aspiracións do equipo.

Ir al contenido