Fútbol Sala

Ribeira recibirá ao líder da cadete Preferente na próxima xornada

No Pavillón do Barrio das Flores de A Coruña, o Ribeira F.S. non puido acadar a vitoria na súa visita ao Galicia Gaiteira, nun encontro correspondente á Liga Cadete Preferente Masculina. O equipo local impúxose 5-1 no marcador final, nun partido onde a superioridade de Galicia Gaiteira foi evidente en moitos momentos, especialmente na primeira metade.

Resultado da primeira parte; 3-1

Resultado final; 5-1

Alineación do Ribeira F.S.: 

Hugo, Brais, Aaron, Mateo, Miguel 

Banquiño:

Erik, Álvaro, Héctor, Iker, Iago, Iván, Mario 

Gol do Ribeira F.S.: Álvaro

Primeira parte: Galicia Gaiteira marca a diferenza

O encontro comezou con moita intensidade, pero os lucenses. non foron quen de igualar a enerxía do rival. Galicia Gaiteira saíu moi ben plantado, cun xogo directo que aproveitaba ao máximo as súas opcións no pivote. A falta de adaptación á proposta rival fixo que o equipo de Pablo Díaz se vise superado dende os primeiros minutos. O primeiro gol do conxunto local chegou tras varias ocasións e, a pesar de que o Ribeira F.S. logrou igualar o marcador por medio de Álvaro, o dominio do partido seguía sendo de Galicia Gaiteira.

Nos últimos minutos da primeira parte, o equipo local non deu opcións, anotando dous goles máis que fixeron que o descanso se achegase cun marcador de 3-1 a favor dos herculinos. A sensación de superioridade local quedaba clara, e o Ribeira F.S. non parecía atopar o ritmo para competir de igual a igual.

Segunda parte: reacción sen premio

Na reanudación, o equipo visitante logrou mellorar a súa intensidade. Crearon algunhas situacións perigosas, destacando dúas grandes ocasións, que remataron no pau, e algún que outro man a man ante o porteiro local, que salvou con varias intervencións determinantes. Afortunadamente para Galicia Gaiteira, a sorte acompañou ao seu gardameta, e o marcador non se moveu a favor do Ribeira F.S.

No entanto, o equipo local sentenciou o encontro nos últimos minutos, ao aproveitar dous contragolpes para anotar outros dous goles que deixaron o partido practicamente sentenciado. A pesar de mellorar na segunda metade, o Ribeira F.S. non foi quen de reducir distanzas, e o 5-1 final reflectía a superioridade global do equipo herculino.

A clave do partido: falta de adaptación e interpretación

O adestrador do Ribeira F.S., Pablo Díaz, destacou que non lograron adaptar o seu xogo á proposta do Galicia Gaiteira en ningunha fase do encontro. «Non conseguimos interpretar o que nos propuxo o rival e, en ningún momento, estivemos cómodos nin en ataque nin en defensa. Escapáronse tres puntos que non soubemos xestionar contra un equipo de moita calidade . Tocanos seguir traballando para poder competir ao máximo nos catro partidos que nos quedan», comentou Díaz ao finalizar o partido.

Próxima xornada: O Parrulo de Ferrol, que vai de líder, visita Lugo.

O Ribeira F.S. terá a oportunidade de resarcirse na próxima xornada, cando xoguen como locais contra o líder, O Parrulo de Ferrol. No partido de ida disputado en Ferrol, o equipo de Pablo Díaz perdeu no último minuto tras realizar unha gran actuación. Agora, xogando na casa, buscarán competir ao máis alto nivel ante un dos rivais máis fortes da competición.

Ir al contenido