Fútbol Sala

Lugo Sala cadete feminino debutou na Copa con derrota antes do derbi ante Ribeira

O Lugo Sala Acasti Reformas debutou na Copa Cadete Feminina na tarde deste sábado no pavillón do Palomar . O equipo local recibiu ao Narón O Freixo, un rival que demostrou ser superior dende os primeiros minutos, levando os tres puntos despois dun contundente 1-6.

Resultado da primeira parte; 1 – 3

Resultado final; 1 – 6

Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas:

Titulares: Antía, Xela, Alba, Sheila, Alexia 

Banquiño: Nati, Andrea, Nadia, Anthea

Goles: 

Alexia (1) 

A xornada comezou cunha imaxe que non presaxiaba o mal resultado. O equipo lucense non fixo un bo quencemento, algo que quedou reflexado nas primeiras accións do encontro. O primeiro gol do partido chegou na primeira xogada, cando Narón O Freixo se adiantaba no marcador, e a partir de aí, o Lugo Sala mostrouse desorganizado e descentrado. As xogadoras de Luchi intentaron reaccionar, mellorando levemente ata o tempo morto, pero a intensidade e a concentración non foron suficientes para superar a forte presión do rival.

A primeira parte remataba cun 1-3 no marcador. O único tanto local foi obra de Alexia, que foi a encargada de reducir distancias, pero a superioridade técnica e táctica de Narón O Freixo facíase patente en cada xogada. Non obstante, o Lugo Sala tivo algúns momentos de luz, destacando as actuacións individuais, aínda que non foron capaces de xerar un xogo colectivo que puidese poñer en apuros ao rival.

Na segunda metade, o equipo de Lugo saíu coas mesmas sensacións que na primeira parte, con pouca actitude e moi dispersas. Non pasaron máis de 60 segundos cando, o equipo visitante volvía a marcar, ampliando a súa vantaxe a 1-4. A continuación, a dinámica do partido mantívose sen cambios, con Narón O Freixo dominando en todos os aspectos do xogo, mentres que o Lugo Sala loitaba por non seguir encaixando goles. Ao final, o resultado final sería un claro 1-6.

Luchi, a adestradora do Lugo Sala, non tardou en destacar as carencias do seu equipo: «Hai cousas que son innegociables e a actitude é unha delas», declarou con rotundidade. O equipo terá que traballar para mellorar na próxima xornada e, sobre todo, para correxir os fallos evidentes tanto en defensa como en ataque.

Pese ao mal resultado, tamén houbo xogadoras que destacaron pola súa actitude e esforzo. Anthea foi elixida como a mellor xogadora do equipo, acadando 3 puntos, seguida de Andrea con 2 puntos e Xela, que sumou 1 punto.

Os tres mellores:

3 puntos: Anthea 

2 puntos: Andrea 

1 punto: Xela

O Lugo Sala Acasti Reformas agora deberá centrarse na próxima cita, un derbi da cidade  contra o Ribeira F.S., onde terá a oportunidade de demostrar que a súa actitude pode mellorar e cambiar o rumbo da Copa.

Ir al contenido