No último encontro da liga, o Ribeira F.S. fixo valer a súa forza e intensidade na pista para conseguir unha vitoria por 4-1 contra o Burela F.S., nun partido marcado pola entrega e compromiso das xogadoras locais. Con este resultado, as rapazas de Luna demostraron a súa capacidade de superar as adversidades, pechando a tempada con boas sensacións e moita confianza cara á Copa.
Alineación de Ribeira F.S.:
Daniella Polo, Nerea Rodríguez, Lola Zapata, Cira Porto, Andrea López.
Banquiño:
Éire Pin, Antia Cancela, Paula Yebra, Laura Rodrigues, Vega Zapata, Elena Álvarez.
Goleadoras:
Lola Zapata (2), Andrea López, Elena Álvarez.
O encontro deu comezo cun Ribeira F.S. que mostrou unha imaxe renovada con respecto aos últimos encontros. Desde os primeiros compases, o equipo local adiantouse no control do balón, roubándolle a posesión ao Burela e xogando con intensidade. Nos primeiros 10 minutos, as locais tivo varias ocasións para abrir o marcador, pero a falta de puntería impediu que o gol chegase antes. Non foi ata o minuto 13 cando Lola Zapata logrou despexar as dúbidas, cun gol que abriu o marcador a favor do Ribeira. A partir de aí, Burela tivo algúns intentos a portería, pero Daniella Polo, porteira local, mantivo a súa portería a salvo, cunha actuación impecable.
Ao comezo da segunda metade, o Ribeira F.S. saíu con moita forza e sen conceder espazos ao equipo visitante. As locais non deron marxe en ningún momento e, ao contrario, convertiron cada acción nunha nova ocasión de perigo. Burela, tentando saír da presión defensiva do Ribeira, non conseguiu superar a intensidade das locais, que ampliaron a súa vantaxe cun gol de Lola Zapata e outro de Andrea López, este último unha demostración de potencia e velocidade pola súa banda. A súa actuación foi destacada, deixando atrás ás rivais con cada avance. O cuarto gol chegou por parte de Elena Álvarez, que fixo o 4-0 cun disparo preciso. Cando o partido chegaba ao seu fin, Burela logrou anotar un gol de falta directa, que lle deu algo de xustiza ao seu esforzo, pero o marcador final quedou en 4-1 para o Ribeira.
As tres mellores xogadoras do Ribeira F.S.:
3 puntos: Andrea López
2 puntos: Elena Álvarez
1 punto: Daniella Polo
Clave do partido:
A actitude e tensión mostrada polo equipo local foron decisivas para o control absoluto do encontro.
A frase da adestradora Luna:
«A pesar de ser unha semana que nos exisiu moito, con viaxes e partidos entre semana, as nenas demostraron do que son capaces e estes 6 partidos puntuando danos moita forza para encarar a Copa».
