Fútbol Sala

Unha vitoria que vale o seu peso en ouro

O RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE logrou unha vitoria clave por 4-2 fronte ao Benavente F.S. no pavillón municipal de Lugo, no encontro correspondente á XUVENIL HONRA, GRUPO 1. Unha xornada onde a intensidade e a disciplina táctico-defensiva foron as claves para conseguir tres puntos vitais na loita pola permanencia na categoría.

Resultado ao descanso; 3-0

Resultado final ; 4-2

O partido comezou cunha intensidade abrumadora por parte do conxunto de César. Desde o pitido inicial, os rapaces do RIBEIRA F.S. saíron a campo con moita presión sobre o balón e roubandolle a posesión do Benavente F.S. de forma rápida. Non pasaron máis de dous minutos cando Xabi García e Adrián , fixeron o 1-0 e o 2-0 para o RIBEIRA. O equipo visitante, afastado da súa mellor versión, viu como, no minuto 9, un gran contraataque encabezado por Adrián culminou no 3-0, deixando ao Benavente F.S. tocado. Aínda que os locais optaron polo porteiro xogador para tratar de reverter a situación, a defensa do RIBEIRA F.S. foi imbatible, impedindo que os seus rivais xeraran grandes ocasións. Aínda que nos últimos minutos da primeira parte, un pequeno despiste defensivo puido ser un susto para o equipo visitante, non houbo consecuencias e o 3-0 mantívose no marcador ao descanso.

Xa na segunda metade, o Benavente F.S. saíu co porteiro xogador desde o inicio, pero o RIBEIRA non se deixou impresionar e seguiu coa súa sólida defensiva e control do partido. Aos 10 minutos, Xavi Tubio, tras roubar un balón no medio do campo, lanzou de campo a campo para facer o 4-0 que parecía sentenciar o partido. Non obstante, cando todo parecía estar controlado, o equipo local reaccionou con dous goles en apenas dous minutos, metendo algo de tensión no encontro. Aínda así, o RIBEIRA F.S. non baixou a súa intensidade e, a pesar de non conseguir ampliar a súa vantaxe, mantivo o control, co partido xa sen opcións para o Benavente F.S.. No minuto 38, a expulsión dun xogador do equipo local deixou ao RIBEIRA con total posesión da pelota, o que fixo que o encontro fose sentenciado definitivamente.

Goles:

– 1-0: Adrián

– 2-0: Adrián

– 3-0: Xabi García

– 4-0: Xavi Tubio

– 4-1: Benavente F.S

– 4-2: Benavente F.S

Mellores xogadores do partido:

– 3 puntos: Adrián

– 2 puntos: Xavi Tubio

– 1 punto: Saúl

Alineación do RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE (de esquerda a dereita):

Pablo (porteiro) | Jorge | Saúl | Xabi | Adrián

Banquillo: Mateo | Alex Prado | Marco Dorado | Mounir | Cristian (porteiro) | Xavi Tubio | Danilo

Valoración do adestrador César:

«Gran traballo dos rapaces nun partido moi importante para nós. Este triunfo é unha mostra de que estamos na liña correcta para conseguir o obxectivo da permanencia. Agora, a concentración debe seguir para o seguinte desafío».

O RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE pecha esta xornada cunha vitoria que lle permite poñerse un punto por riba do descenso, con 17 puntos no posto 13. Na próxima xornada, o equipo viaxa a Vigo para enfrontarse ao ED Vigo 2015, un rival directo na loita pola permanencia, que chega ao encontro tras seis derrotas consecutivas. O RIBEIRA F.S. venceu na primeira volta por 2-1, polo que, ademais dos tres puntos, tamén se xogaran o golaverage particular.

Ir al contenido